Feira do Cocido 2014

A concepción da Feira do Cocido de Lalín, que o vindeiro domingo 23 de febreiro celebra a súa cuadraxésimo sexta edición, remóntase ao ano 1968, cando os alcaldes dos seis municipios da Comarca de Deza (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón) se reuniron con outros compañeiros de destacados concellos da provincia de Pontevedra para artellar unha estratexia de difusión e comercialización dos produtos vencellados coa gastronomía típica da comarca.
Tras unha primeira toma de contacto baixo o lema “Unidos por el mismo afán”, foi o Concello de Lalín o que decidiu levar á práctica as ideas xurdidas naquel encontro mediante a creación da Feira do Cocido, un evento que se celebrou por primeira vez en 1969 para exaltar o prato máis tradicional e senlleiro da cociña galega, O COCIDO, que en Lalín adquire carta de identidade propia.
Desde entón, esta feria foi e segue sendo unha referencia imprescindible no calendario gastronómico galego e unha cita ineludible como prólogo do Entroido, xa que a Feira do Cocido de Lalín celébrase sempre o domingo anterior ao domingo de Entroido. Ao longo da súa exitosa historia, este evento soubo manter as súas señas de identidade e, ao mesmo tempo, foise renovando con novas propostas que contribúen a revitalizala e a incrementar a súa repercusión social. 

A seriedade do traballo levado a cabo polo Concello de Lalín fructificou no ano 1999 coa declaración, por parte da Xunta de Galicia, como Festa de Galicia de Interese Turístico (resolución do 24 de xuño de 1999, DOG nº 131 de 9 de xullo) e o máis recente recoñecemento no 2010 como Festa de Interese Turístico Nacional (resolución do 2 de xuño de 2010, BOE nº 156 de 28 de xuño). O atractivo turístico e cultural desta celebración vese corroborada ano tras ano pola masiva afluencia de público no día grande da feira, que acostuma a colapsar Lalín coa chegada de máis de 70.000 persoas.

Ademais desta distinción de calidade da Feira do Cocido, a nosa feria atópase no selecto grupo das festas gastronómicas máis lonxevas do panorama festivo galego. O vindeiro 23 de febreiro esa xornada grande converterase na culminación dun mes de actividades en torno a este prato senlleiro da cociña galega. Ese día as cores das carrozas, charangas, comparsas e grupos de gaiteiros farase dono das rúas de Lalín tras a lectura do pregón, que irá precedido da celebración do acto de investidura dos novos membros da Encomenda do Cocido.
A propia feira será outro dos principais atractivos, xa que os mellores produtos das fértiles terras de Deza exporanse nos numerosos postos instalados no Campo da Feira Vello, ofrecendo un delicioso percorrido visual e aromático a quen camiña entre eles. Exquisitas viandas como a carne de porco, os chourizos, a carne de vacún e outros produtos característicos da comarca partirán cara a toda Galicia demostrando que Lalín é sinónimo de cocido.

Más galerías

Desfile - 2011

Gala 2011

Feira 2011

AXENDA

• Xornadas da Feira do COCIDO DE LALÍN EN MADRID. Restaurante Sanxenxo e Restaurante Combarro. Dende o 28 de Xaneiro ao 28 de Febreiro.
• MATANZA TRADICIONAL DO PORCO. A partir das 11.30 horas ata as 14:30 na parroquia de Rodís.
• CARREIRA POPULAR PEDRESTRE DO COCIDO O domingo 16 de Febreiro terá lugar esta carreira popular polas rúas de Lalín, na que habitualmente tomarán parte deportistas afeccionados de todas as idades
• GRAN GALA DA GASTRONOMÍA DE GALICIA. Viernes 21 de Febreiro, no multiusos Lalín Arena.
Concerto do Cocido o sábado 22 de Febreiro as 20:30 celebrará un concerto especial no Auditorio Municipal.
• XLVI FEIRA DO COCIDO. 23 de Febreiro 2014
• EXPOSICIÓN “EMPORCARTE”. Obras de alumnos da Facultade de Bellas Artes de Pontevedra. Museo Ramón Aller.
• TITERENTROIDO. Festival de Títeres e Marionetas no Museo Municipal Ramón Mª Aller, entre os días 1 e 4 de marzo.
• XX RALI DO COCIDO. 7 e 8 de marzo.

Plano de Lalín

ver plano lalin

descargar dossier